top of page

Servizos que brinda a Federación

Servizo de Coordinación:
O ámbito no que traballan FADAS Lugo e as asociacións que a forman, é un ámbito necesario para o desenvolvemento da sociedade da provincia de Lugo. A coordinación entre entidades contribuirá ao tan necesario fortalecemento do sector.


Servizo de Formación:
FADAS Lugo ve preciso garantir unha formación de calidade para acadar os seus obxectivos e por iso desenvolve desde os seus comezos accións formativas para capacitar os seus membros e lograr unha intervención máis eficaz, facilitando así a inserción dos colectivos vulnerábeis. Tamén se ve a necesidade de ir evolucionando en función das necesidades de capacitación dos voluntarios, persoal contratado, xuntas directivas , etc.


Proxectos de sensibilización:
Organizar, coordinar e executar campañas e accións de sensibilización e mobilización social. Dar visibilidade aos diversos proxectos das asociacións e difundir todas as actividades entre a poboación.

Entidades Beneficiarias:

  • Beneficiarias Primarias: Entidades Socias de FADAS

  • Beneficiarias Secundarias: Persoas Usuarias das Entidades Socias de FADAS.

bottom of page